domingo, 29 de novembro de 2015

Perspectiva isométrica

Boas, estimada clase!

Imos pasar a outro nivel de iconicidade, para o cal nos axudaremos da perspectiva isométrica.
Esta perspectiva, danos un grao de iconicidade próximo á representación pictórica.
Para que vos sirva de guía no voso estudo, douvos unha serie de ligazóns que tendes a continuación, ademáis de introducirnos no eido dos códigos QR, empregando os vosos dispositivos móbiles. Neles  precisaredes ter instalada a aplicación para o escaneo dos códigos.

Ademáis tamén tendes unha ligazón para ver a técnica do falso linograbado, que aplicaremos para obter o grao de iconicidade correpondente á representación pictórica da pirámide. Combinaremos o debuxo técnico coa pintura.

Saudos

Ligazóns:

Construción dos eixos isométricos

Construción de pirámide en perspectiva isométrica

Visualización da altura dunha pirámide (animación)

Técnica do falso linograbado


Escanea o código para ver o vídeo da perspectiva isométrica da pirámide no teu dispositivo móbil.










luns, 16 de novembro de 2015

3º ESO.Repaso de xeometría.

Bos días,clase!

Hoxe imos rematar o traballo da construción tridimensional a escala da Pirámide de Keops. Falaremos do seguinte grao de iconicidade, e finalmente levaredes como tarefas para casa unha serie de exercicios xeomátricos de repaso.

Saúdos.

Ligazóns:
Repaso xeometría 1º trimestre.
Exercicios de repaso. 1º trimestre.

luns, 9 de novembro de 2015

3º ESO. Actividade do tema 4. Graos de iconicidade dunha imaxe.

Ola clase!
Envíovos a ligazón que nos vai axudar a comprender mellor o tema 4.
Empregaremos a análise da pirámide de Keops poñéndoa en relación cos distintos graos de iconicidade que pode ter unha imaxe, tal como vimos no actual tema 4 da asignatura.

Saúdos

Ligazón:
Actividade tema 4. Pirámide de Keops



mércores, 4 de novembro de 2015

3º ESO. Tema 4. Niveis de iconicidade dunha imaxe.

Ola clase!
Rematando o tema da cor, adentrámonos no eido da imaxe co tema que trata da iconicidade.
É un tema moi atractivo, co que imos pasar algunhas sesións, e de seguro que vos sorprenderá.

Está na seguinte ligazón:

Tema 4. Grao de iconicidade dunha imaxe.

Saúdos.

3º ESO. Traballo sobre a simboloxía da cor.

Ola clase!
Déixovos a ligazón para que poidades ver parte do traballo grupal das proxeccións sobre simboloxía da cor, que fixemos a semana pasada.

Ligazón:
Traballo sobre a simboloxía da cor

Saúdos.

domingo, 18 de outubro de 2015

3º ESO.Tema 3.Temperatura da Cor. Simboloxía da Cor.

Ola clase!
Como xa imos rematar o círculo cromático, déixovos os apuntamentos sobre a temperatura de cor e a simboloxía que poden ter as cores primarias e secundarias.

Ligazóns :
Temperatura da cor
Simboloxía da cor

Saúdos


mércores, 7 de outubro de 2015

3 ESO. Tema 3 (Parte II). A cor. Mestura de cores e Temperatura da cor.

Bo día!
Deixovos un vídeo sobre a mestura de cores do círculo cromático.
Ten unha pequena variación respecto á teoría da cor vista na clase, pero vaivos servir de referencia á hora de facer as mesturas de cores.
Se tendes algunha dúbida respecto á realización do círculo, solventámola
o próximo día.
 Espero ver cáseque todos os círculos rematadados, ou por qué non: todos!

Ligazón:

Círculo cromático

Saúdos



1º ESO.Traballos sobre o punto.


Bos días!
Velaí tendes unha mostra dos traballos que fixemos sobre o punto, nos que se producen distintas sensacións: lixeireza, pesadez, dispersión, concentración, profundidade...

Saúdos

luns, 5 de outubro de 2015

3º ESO. Tema 3 (Parte I). A Cor.

Ola clase!

Envíovos a ligazón para que poidades ver o interesante tema da cor. Faremos un percorrido introdutorio sobre o fenómeno físico da cor, pasando polas modalidades de mestura de cores que existen, e finalmente, realizaremos unha actividade para aprender a mesturar as cores pigmento primarias e secundarias.

https://drive.google.com/file/d/0BwEhGXu9kpseQlVZU0ZELW5uMXc/view?usp=sharing

Saúdos


xoves, 1 de outubro de 2015

3º ESO. Traballos sobre o proceso creativo.

Bos días!
Estas son as obras realizadas polos distintos grupos de traballo que investigaron sobre o proceso creativo.
As propostas son variadas, con obras plásticas que posúen moita carga simbólica.

https://drive.google.com/file/d/0BwEhGXu9kpseVU9jWDNlZUJQN0k/view?usp=sharing

Saúdos.

1º ESO. Tema 1 (Parte III).

Hola rapaces/as.

Comparto a ligazón da terceira parte do tema 1. Adentrámonos no eido da xeometría, para trazar rectas cos instrumentos de debuxo.
Tamén vos comparto o exercicio de rectas paralelas que debedes imprimir e traer rematado o próximo día.

O tema está nesta ligazón:
https://drive.google.com/file/d/0BwEhGXu9kpseREFKbmtiSHdmUEk/view?usp=sharing

O exercicio que debedes imprimir e traer feito o próximo día está aquí:
https://drive.google.com/file/d/0BwEhGXu9kpsebEwzMXk2VE5MeWc/view?usp=sharing

Vémonos na clase!

mércores, 30 de setembro de 2015

3º de ESO. Tema 2. O bosquexo ou apuntamento como estudo previo ao resultado final.

Ola, clase de 3º de ESO!

Entrégovos a ligazón para que vexades o tema 2, no que poderedes experimentar o bosquexo, o esbozo, como esquema previo a calquera creación plástica ou deseño de obxectos.
O esbozo permite adiantarnos ao resultado final de calquera acto creativo, sendo a estrutura previa da idea que nos interese plasmar.

https://drive.google.com/file/d/0BwEhGXu9kpseX093YXdHVEdoZmc/view?usp=sharing


Vémonos na clase!

luns, 28 de setembro de 2015

1º ESO. Tema 1(Parte II). Elementos configuradores da imaxe: a liña.

Ola, estimados alumnos de 1º de ESO!
Xa temos a segunda entrega do tema que estamos a ver, sendo a protagonista a liña.
Veremos posibles interpretacións da liña no eido artístico; mediante esta ligazón, tendes e podedes acceder a un documento PDF co tema e as actividades:

https://drive.google.com/file/d/0BwEhGXu9kpseWVk4QkJLSV9uNU0/view?usp=sharing

Saúdos.


xoves, 24 de setembro de 2015

1º ESO. Tema 1. (Parte I). Elementos configuradores da imaxe: punto, liña e plano.

Ola, estimada clase de 1º de ESO!
Mediante este post quero darvos a ligazón para que poidades ver a primeira parte do tema 1 Elementos configuradores da imaxe: punto, liña e plano.

Saúdos.

Ligazón:

https://docs.google.com/presentation/d/1gshjtQW3AkpBg066yHzXBGGium5cmOer5yRYxx6e5YY/edit?usp=sharing

mércores, 23 de setembro de 2015

3º ESO. Tema 1. O proceso creativo nas artes plásticas e deseño.

Ola estimada clase de 3º de ESO !

Xa tendes o primeiro dos temas da asignatura, titulado O proceso creativo nas artes plásticas e deseño  e que podedes ver na seguinte ligazón:

https://docs.google.com/presentation/d/13D7PE15C1OaMmsEYrvoZZ1_9v93ARAkTzT8Higliro4/edit?usp=sharing

Na clase traballaremos cos grupos formados na sesión anterior, e afondaremo no tema para crear as nosas producións plásticas.

Saúdos.




Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más