domingo, 29 de novembro de 2015

Perspectiva isométrica

Boas, estimada clase!

Imos pasar a outro nivel de iconicidade, para o cal nos axudaremos da perspectiva isométrica.
Esta perspectiva, danos un grao de iconicidade próximo á representación pictórica.
Para que vos sirva de guía no voso estudo, douvos unha serie de ligazóns que tendes a continuación, ademáis de introducirnos no eido dos códigos QR, empregando os vosos dispositivos móbiles. Neles  precisaredes ter instalada a aplicación para o escaneo dos códigos.

Ademáis tamén tendes unha ligazón para ver a técnica do falso linograbado, que aplicaremos para obter o grao de iconicidade correpondente á representación pictórica da pirámide. Combinaremos o debuxo técnico coa pintura.

Saudos

Ligazóns:

Construción dos eixos isométricos

Construción de pirámide en perspectiva isométrica

Visualización da altura dunha pirámide (animación)

Técnica do falso linograbado


Escanea o código para ver o vídeo da perspectiva isométrica da pirámide no teu dispositivo móbil.










luns, 16 de novembro de 2015

3º ESO.Repaso de xeometría.

Bos días,clase!

Hoxe imos rematar o traballo da construción tridimensional a escala da Pirámide de Keops. Falaremos do seguinte grao de iconicidade, e finalmente levaredes como tarefas para casa unha serie de exercicios xeomátricos de repaso.

Saúdos.

Ligazóns:
Repaso xeometría 1º trimestre.
Exercicios de repaso. 1º trimestre.

luns, 9 de novembro de 2015

3º ESO. Actividade do tema 4. Graos de iconicidade dunha imaxe.

Ola clase!
Envíovos a ligazón que nos vai axudar a comprender mellor o tema 4.
Empregaremos a análise da pirámide de Keops poñéndoa en relación cos distintos graos de iconicidade que pode ter unha imaxe, tal como vimos no actual tema 4 da asignatura.

Saúdos

Ligazón:
Actividade tema 4. Pirámide de Keops



mércores, 4 de novembro de 2015

3º ESO. Tema 4. Niveis de iconicidade dunha imaxe.

Ola clase!
Rematando o tema da cor, adentrámonos no eido da imaxe co tema que trata da iconicidade.
É un tema moi atractivo, co que imos pasar algunhas sesións, e de seguro que vos sorprenderá.

Está na seguinte ligazón:

Tema 4. Grao de iconicidade dunha imaxe.

Saúdos.

3º ESO. Traballo sobre a simboloxía da cor.

Ola clase!
Déixovos a ligazón para que poidades ver parte do traballo grupal das proxeccións sobre simboloxía da cor, que fixemos a semana pasada.

Ligazón:
Traballo sobre a simboloxía da cor

Saúdos.
Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más